
O Nadal de cando eu tiña sete,oito anos son moi diferentes o de agora.
Antes cando chegaba o Nadal todo era alegría,entusiasmo,vacacións....e supoñía ter que montar o árbol, o nacemento, a chegada de Papa Noel, a dos Reis Magos, xuntarse coa familia, xogar cos meus primos mentres os maiores cantaban villancicos,os nervios de noite anterior os Reis Magos,deixarlle o zapato,algo para que comeran e a auga para os camellos e o día seguinte levantarme tempranísimo para ir abrir os regalos despertar os meus pais para que os abrisen conmigo e disfrutar dos regalos ata q rematasen as vacacións.
Agora o Nadal é durmir,ir cear coa familia nos dias de Nadal e fin de ano, quedar cos amigos,sair en fin de ano e pouco mais, xa que se perdeu o entusiasmo, os nervios e a ilusion que supoñía o Nadal.
